FUNCIÓNS DA MÚSICA NO CINE

FUNCIÓN 1: Acelerar o ritmo da acción: a acción das imaxes cobra máis forza. A música fainos sentir que a acción vai máis rápido do que en realidade vai.

                                        Nesta persecución a música fai que a escena vaia máis rápido.



FUNCIÓN 2: Identificar a un personaxe. Nestas películas sempre que sale o personaxe principal sona unha melodía que o identifica: Indiana Jones, Superman...

                                  Superman. Sempre soa a mesma música cando o personaxe entra en acción.

FUNCIÓN 3: Crear unha atmósfera concreta, de tempo e lugar: circo, boda, país africano, parque de atraccións, etc.





FUNCIÓN 4: Crear unha atmósfera psicolóxica: preparar a mente do espectador para que se poña na situación do personaxe: música romántica, música violenta, música de intriga, música relaxante...

         ¿qué atmósfera crea esta música neste trailer? ¿da algunha información sobre o tipo de película que é?

SUBRAIADO: é un golpe de música que coincide cunha imaxe. Utilízase para resaltar algo importante ou para provocar un efecto emocional concreto sobre o espectador, por exemplo un sobresalto.

FUNCIÓN 5: Anticipar o que vai ocurrir. A música moitas veces da información de que algo vai ocurrir e nós sabemos o que vai pasar antes de de ocurra.

                          Película Tiburón (1975): John Williams levou un oscar pola banda sonora.

FUNCIÓN 6: Deixar ver sentimentos non expresados con palabras. Por exemplo nunha escena romántica.

 El gran Gatsby

FUNCIÓN 7: Unir escenas para darlles continuidade.